ARABO, museo enogastronómico, ten como principal obxetivo a promoción e a divulgación da Lamprea de Arbo e os seus viños, así como a dinamización dos nosos sectores productivos asociados ao turismo: as adegas, a hosteleria e o turismo rural.
Está estruturado en tres plantas.
Na planta inferior esta ubicada a recepción, o salón de actos e a viñoteca na que se poden degustar e comprar os viños das adegas de Arbo acollidas a D.O. Rias Baixas.
Na segunda planta encontramos dúas salas: unha adicada a historia de Arbo e outra adicada o viño.
Na terceira e ultima planta está adicada en exclusiva a Lamprea e pon a disposición dos visitantes paneis explicativos e vídeos nos que se describe a peculiar vida deste peixe ciclóstomo. (https://festadalamprea.gal/centro-de-interpretacion-do-vino-e-a-lamprea-arabo/)
Información adicional:
Ficha en Google Maps: https://share.google/vCDMiwU8qEvEqVYek
Web: https://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=33&solo_caja=239
