Carnaval tradicional en el que los «Felipeiros», personajes con la cara cubierta y vestidos con ropajes antiguos, son los protagonistas. Uno de los eventos más destacados es «el casamiento».
O Entroido de Tourem comeza o Domingo Gordo, cunha disputa entre «Lages» e «Outeiro», os barrios da aldea, competindo entre eles para ver cal das zonas tiña a maior capacidade creativa. Un dos traxes máis usados era o de Felipeiro, personaxe peculiar do Entroido de Tourem xa hai anos. Rapaces e raparigas vestiánse con corozas, roupas vellas, galochas ou socos, cubríndose o rostro cun pano rendado (napperon) para seres irrecoñecibles. O Felipeiros tamén vestiánse de varias profesións rurais. Co paso do tempo foise perdendo o costume de usar corozas para traballar, pasando soamente a cubrirse o rostro e usar roupas vellas. Se ven esta tradición segue manténdose e é un elmento de grandioso valor. O feito de estar totalmente cubertos e non ser recoñecidos, proporcionaba á brincadeira e daba para pregar partidas sen que se soubese o autor. Un momento destacado era o casamento, coas figuras do clero, os noivos e padriños. O resto da comunidade asistía á celebración para ouvir as tolerías que ían dirixidas á sociedade en xeral e aos moradores desta aldea, sendo algunhas moi traicioneiras, máis como di o dito… «É carnaval, ninguém leva a mal». (https://www.reservabiosferageresxures.eu/sites/default/files/2022-12/entrudo-geres-xures.pdf)
Autor foto: Esquerda (https://www.esquerda.net/dossier/o-entrudo-em-tourem-montalegre/17059)

