Unha das comarcas de Galicia que posúe un máis que suliñable entroido é a de Celanova, mais tamén un dos máis descoñecidos. Se cadra entre as de esta comarca destaca a festa dos Galos de A Mezquita no concello de A Merca. Nel son os Galos os que ostentan a autoridade do entroido na localidade. Cun caxato na man e sombreiros en forma de galo abordan ós fregueses á saída da misa, esixindo ovos ou cartos, ou obrigándoos a bailar con eles. Os galos anuncian o renacer da natureza coas súas cores e poñen de relevo o paganismo subxacente nas festas do entroido, ó enfrontarse ós devotos nun encontro cargado de simbolismo e irreverencia. (https://historiadegalicia.gal/2018/02/os-outros-entroidos-de-galicia-galos-da-mezquita-bonitas-de-cartelle-merdeiros-de-vigo-ou-mikaela-de-buno/)
Photo source: La Región (https://www.laregion.es/entroido/galos-san-pedro-da-mezquita-mais-dous-seculos-historia_1_20200210-3076508.html)
Additional information:
La Gistería: https://tradimask.lagisteria.com/

