O protagonista visual desta festa é a Mázcara, unha figura que poden vestir tanto homes como mulleres, e que percorre as rúas ao ritmo das chocas e dos cinzarros, facendo soar o látego para marcar o compás e, en certa maneira, a propia identidade da celebración. A recuperación desta tradición foi posible grazas ao impulso veciñal a comezos do novo milenio […] O traxe da Mázcara da Xironda ten unhas características moi concretas. Está composto por camisa branca, chaqueta con apliques de cores, gravata, faixa e tirantes; todos eles adornados con delicados bordados e abondosas chocas. […] A careta é de madeira, “máis ancha e coa cara máis redonda que a dos Peliqueiros”, a miúdo con detalles en coiro e pel de raposo, e transmite esa expresión viva e falcatrueira que forma parte da esencia do Entroido galego. […] Outro gran protagonista do Entroido da Xironda é a propia figura do Entroido, un gran boneco de palla que, construído por toda a comunidade, representa a culminación da festa. […] O boneco constrúese o sábado pola noite na palleira dun veciño. Xúntanse todos, fan o corpo de palla e colócanlle uns atributos (aparato sexual masculino) “moi potentes” que aluden á fertilidade e á renovación. (https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/5768573-completo-entroido-5-angela-asi-e-entroido-da-xironda-onde-tradicion-subasta-retranca-poxa-collons-xigantes-chegou-aos-700-euros)
Photo source: Esquire (https://www.esquire.com/es/viajes/a39292794/entroido-carnaval-galicia-mazcarada-a-xironda-pueblo-2024-magico/)
Additional information:
La Gistería: https://tradimask.lagisteria.com/

